Necesítanse peóns

Necesítanse peóns
12 de Marzo, 2020 - 01:18 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene pon en marcha o proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a peón. O Boletín Oficial da Provincia publica neste xoves, 12 de marzo, as bases de selección para a creación dunha lista de aspirantes a funcionario/a interino/a e persoal laboral temporal de prazas de peón.

O Concello de Fene pon en marcha o proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a peón. O Boletín Oficial da Provincia publica neste xoves, 12 de marzo, as bases de selección para a creación dunha lista de aspirantes a funcionario/a interino/a e persoal laboral temporal de prazas de peón. As probas selectivas realizaranse polo sistema de concurso de méritos. As persoas interesadas teñen até o vindeiro mércores 18 de marzo, incluído, para presentar as súas solicitudes, segundo o modelo recollido nas bases, no Rexistro Xeral do Concello de Fene. Aínda que nas bases publicadas hoxe se establece que o prazo de presentación de solicitudes será de 4 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación das mesmas no Boletín Oficial da Provincia, segundo informan dende o Concello de Fene, o prazo amplíase ate o mércores
18 de marzo (polo xa se tramitou a correspondente modificación de erros).
A lista de aspirantes creada terá vixencia ata o 31 de decembro do ano 2024, podendo prorrogarse por un período máximo dun ano. Os/as aspirantes deben cumprir os seguintes requisitos: ter nacionalidade española; posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas; ter cumpridos 16 anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa; non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración Pública nin atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou
especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.
As probas selectivas realizaranse polo sistema de concurso de méritos, valorándose a experiencia profesional dos/as aspirantes como peóns. Ademais, en aplicación da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia respecto da acreditación do galego, aquelas persoas que non acrediten coñecementos en lingua galega (CELGA 1 ou equivalente), terán que realizar unha proba oral de galego, que será cualificada como apto ou non apto.
Finalizado o prazo de presentación de instancias, o alcalde, mediante resolución, aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos que se publicará no taboleiro de editos e na páxina web do Concello, relacionándose os aspirantes excluídos con indicación da causa da súa exclusión. Os aspirantes disporán dun prazo de 2 días naturais para a emenda das deficiencias que se sinalen. O resultado do proceso selectivo darase a coñecer mediante a publicación da correspondente acta/anuncio do tribunal no taboleiro de editos e na páxina web do Concello de Fene.
.

Institucional

Publica o teu comentario agora