Necesitamos descansar

Necesitamos descansar
01 de Xullo, 2020 - 09:15 h. | Publicada por Radio Fene

A profesora Margarita Suárez será a nova directora do IES Fene o próximo curso. Sustitúe a Daniel Bogo quen por razóns persoais deixa o cargo no que se estrenou neste curso tan extraordinario.

ESCOITA O PODCAST:

Uns minutos quedábanlle a Daniel Bogo como director do IES de Fene cando fixemos esta entrevista. Por razón personais rexeitou repetir no cargo un curso máis como ten establecido a Consellería de Educación. Tocaría eleccións de equipo directivo xa que a actual dirección do centro era provisional despois do abandono do mesmo da anterior directora, María Nogareda. Sustitúe a Daniel Bogo na dirección, Margarita Suárez. Para ser o primeiro ano no cargo, Bogo non podía soñar un curso máis accidentado que o do coronavirus, como quedará bautizado para a posteridade. Agora xa aprenderon moitas cousas pero cando chegou esta situación inesperada foi complicado, asegura Bogo. “Descubrimos as carencias de coñecementos informáticos entre o alumnado e o profesorado para manter unha relación non presencial”. Asegura que foi difícil e estresante para o profesorado manter as clases desta maneira, un a un. Agradeceu a axuda dos Servizos Sociais do concello que se encargaron de levar aos domicilios do alumnado que non tiña medios, os apuntes coas materias.

Neste momento, a punto de abandonar o cargo, non chegara da Consellería unha instrucción oficial de cara ao próximo curso, pero son conscientes dunhas cantas medidas que haberá que levar a cabo. Están preparados para modificar horarios de entrada e saída das aulas en función da distancia social, doblar o horario do transporte escolar e aproveitar ao máximo o espacio do centro de Barallobre. Agora só queda a ABAU e o merecido descanso. “Ninguén do profesorado dí, como outros anos, a onde vai en vacacións. Só saben que necesitan descanso”.

Cultura

Publica o teu comentario agora