Neda acóllese á campaña: Mira que te miren

Neda acóllese á campaña: Mira que te miren

12 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

No marco da campaña “Mira que te miren”, da Dirección Xeral de Tráfico, a Policía Local de Neda impartirá durante esta semana, sendas charlas sobre seguridade vial nos locais das asociacións de veciños. Os destinatarios son as persoas maiores de 65 anos e residentes nas zonas rurais, onde máis atropelos se producen e onde hai que poñer máis coidado e prevención.

A Policía Local de Neda impartirá as charlas sobre seguridade vial, dende mañá mércores nos locais das asociacións de veciños de Anca (ás 18,30 horas) e do Roxal (ás 20 horas). En ambos casos, a asistencia é libre e gratuíta e diríxense especialmente a peóns maiores de 65 anos, residentes na zona rural. As charlas continuarán o xoves no local social de Ancos (17,30 horas) e venres, no local social de Viladonelle (19 horas).

Sociedade