Neda evidencia nos edificios públicos o seu apoio ao Naval

Neda evidencia nos edificios públicos o seu apoio ao Naval

18 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Neda - A Coruña- difunde a reivindicación de carga de traballo para Navantia a través dos seus edificios públicos. O propio alcalde, Ignacio Cabezón, ordeou ubicar pancartas coas demandas do sector naval na Casa Consistorial, Casa da Cultura e Edificio da Toeleira.

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, ordeou esta mañá a colocación de pancartas nas que se recollen as reivindicacións do sector naval a favor de carga de traballo para Navantia nos edificios públicos da vila. En concreto, as lonas, encargadas e financiadas polo Concello, están ubicadas na Casa Consistorial, na Casa da Cultura e no Edificio de Usos Múltiples da Toeleira. Segundo explicou o rexedor, trátase dunha iniciativa máis do Concello en apoio ás demandas dos traballadores e traballadoras da comarca.

Neste sentido, Ignacio Cabezón apuntou que Neda sempre estará ao lado do sector naval e que así o está a demostrar. Cabe recordar que hai unhas semanas o propio alcalde levaba a pleno unha moción elaborada polos comités de empresa de Navantia Fene e Ferrol para reinvindicar dos gobernos galego e estatal carga e traballo para os astaleiros. Unha iniciativa que repetirá o próximo día 26 de abril, aínda que de xeito simultáneo nos municipios de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Sociedade