ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os veciños de Neda- A Coruña- poden xa solicitar no Concello axudas de até 18.000 euros para rehabilitar as súas vivendas no centro histórico da vila. O alcalde, Ignacio Cabezón, destaca o apoio que presta a Oficina Municipal de Rehabilitación á hora de tramitar as axudas e supervisar os proxectos. O Concello inicia a sexta fase do convenio subscrito con Fomento e Xunta que contempla catorce intervencións subvencionables e fondo
A axuda media por vivenda será de 11.600 euros aínda que, dependendo do volume de obra e ingresos, poden alcanzar hasta os 18.000 euros. A Oficina Municipal de Rehabilitación (xunto á Torre do Reloxo) será a encargada de prestar apoio aos cidadáns desde o primeiro momento do proxecto, porque o equipo municipal non só se ocupa de redactar a documentación técnica e administrativa senón de asesorar en todos os pasos e supervisar a execución das obras.
Desde o Concello tamén se destaca un cambio importante desta convocatoria respecto á de convenios anteriores. Se noutras fases a axuda media era de 9.000 euros por vivenda, agora a contía elévase até os 11.600 . Así mesmo, apúntase que aqueles cidadáns interesados en recuperar os seus inmobles no ARI tamén poden optar a outra liña de subvencións, compatibles coas anteriores. É o caso de Axúdas autonómicas para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago. Subvencións máximas de 6.600 euros para o remate de fachadas e rehabilitación, e de 8.600 euros para a reconstrucción de edificios e viviendas.