Negreira pendente do culebrón Furelos

Negreira pendente do culebrón Furelos

06 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Corren malos tempos para a Asociación de Empresarios e Profesionais de Negreira. Un foro, que desde a súa creación, preside Ramiro Furelos, empresario local ligado ao sector da construción. O propio presidente recoñecía, o pasado verán, o uso de 8 mil euros para seu uso persoal, vencellado á contratación do seu fillo como administrativo da asociación. Un feito rocambolesco que impediu que a asociación asumira a celebración d

Aínda que se trataba dunha convocatoria pública, Ramiro Furelos vetou aos medios o acceso á xuntanza na casa consistorial. O presidente da asociación alegou que non quería que transcenderá nada, despois de publicarse a súa utilización de fondos da entidade. Os xornalistas alí presentes amosaron a súa disconformidade. O director de Radio Negreira, Emilio Forján, cualificou este feito de “patético” xa que “vai en contra do dereito á liberdade de expresión e do dereito dos socios a coñecer o estado de contas da asociación”. Segundo Forján, o presidente declarou que “non estaba disposto a que todo saía á luz”.

Polo momento o único que transcendeu é que o concello financiará a Feira dos saldos e non a asociación, como viña sendo costume nos últimos anos. Celebrarase o 30 e 31 deste mes e participarán 30 firmas comerciais e textis de Negreira. Non poderán acudir comercios que vendan ao por maior, caso dos almacéns, para evitar unha competencia desleal.

Queda pendente en que remata o caso Furelos e coñecer a débeda exacta e o estado real das contas.

Sociedade