A neve e o xeo dificultan a circulación en boa parte de Galicia

A neve e o xeo dificultan a circulación en boa parte de Galicia

02 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

A neve protagoniza esta xornada do xoves 2 de decembro. O pronóstico de Meteogalicia situa a cota nos 200 metros de altitude. As dificultades na circulación contase con que aumenten dende as doce do mediodia. A esta hora da mañá, os camións e vehículos articulados non poden circular pola A 6 á altura de Guitiriz (Lugo). Na provincia da Coruña permanece cortada ao tráfico a estrada nacional en Herves, Carral. Protección Civil aconsell

En Ferrol non se rexistraron incidentes nas ultimas horas relacionados co mal tempo, segundo os bombeiros. En Fene a tronada desatada onte entre as 2 e as 3 da tarde, provocou o apagón xeneralizado dos semáforos, segundo o xefe da policia municipal. A maioría recuperouse pero un deles, o do cruce do xulgado, o da estrada Nacional 651 coa estrada de Lavandeira, permacece fora uso aínda esta mañá polo que a policia vese na obriga de regular o tráfico neste punto.

En Ortigueira e Monfero a neve e o xeo dificultan a circulación. Pola Capela a esta hora da mañá circulan os coches sen problemas. Segundo nos informan dende a estación de servizo, comezou a nevar arredor das seis da mañá, pero as máquinas quitaneves traballan dende esa hora, na estrada que comunica Fene e Cabanas coa localidade das Pontes.

Sociedade