A neve provoca o corte da autopista entre A Coruña e Santiago

A neve provoca o corte da autopista entre A Coruña e Santiago

20 de Xaneiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O temporal arrecia esta mañá en Galicia. Tanto é así que obrigou a cortar a AP 9 entre A Coruña e Santiago á altura do concello de Abegondo, nos dous sentidos da circulación, á altura do quilómetro 23. A delegación do Goberno en Galicia tamén ordenou interrumpir o tránsito de camións na autovía A 6 entre A Coruña e Lugo. Os pronósticos meteorolóxicos agardan que continue o mal tempo

Entre os límites das provincias de Lugo e A Coruña e a localidade de Baamonde formáronse grandes colas de vehículos obrigados a circular a modo ante as perigosas condicións da estrada. Tanto a autovía A 6 como a N-VI permanecen cortadas para o tráfico de camións á altura de Guitiriz.

As autoridades tamén aconsellan non coller o coche nesta xornada salvo urxencias inaprazabeis. Nese caso recomendan asegurarse das condicións das estradas polas que se vai circular, antes de principiar a viaxe.

Na provincia da Coruña, a neve e as saraibas causan tamén dificultades no tráfico nas localidades de Miño, As Pontes, Aranga e Abegondo. En Lugo e Ourense precísanse cadeas para circular por todos aqueles viais que sobrepasan os 600 metros de altitude.

Sociedade