A neve tamén azouta Galicia

A neve tamén azouta Galicia

04 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

40 operarios e 20 máquinas da Deputación de Lugo actúan en vías da Montaña, con acumulacións de neve de ata un metro.
O dispositivo da institución centra agora a súa actividade no Courel, Pedrafita e Cervantes, con 9 estradas provinciais pechadas, tras despexar os restantes viais destes municipios, xunto ós da Fonsagrada, Navia de Suarna, Becerreá e Triacastela.

A Deputación mantén despregado na Montaña luguesa un dispositivo composto por 40 operarios e 20 máquinas, que están actuar dende as seis da madruga nas estradas da zona debido ó temporal de neve.

O operativo do organismo provincial centra agora a súa actividade no Folgoso do Courel, Pedrafita do Cebreiro e Cervantes, onde permanecen cortadas 9 estradas provinciais con acumulacións de neve de ata 1 metro. Estas vías son as seguintes: 1303, 4501 e 5004 no Courel; 3701, 4503 e 4504 en Pedrafita do Cebreiro; e 1412, 1411, 1405 en Cervantes. Todo isto, logo de poñer a punto as restantes vías e ditos Concellos, xunto ás da Fonsagrada, Navia de Suarna, Becerreá e Triacastela.  

Este dispositivo continuará actuando no que resta de día. Ademais, outros tamén operarios e máquinas da Deputación están en alerta na Mariña ante a ameaza por vento.  

Sociedade