Nin chicles nin papeis

Nin chicles nin papeis

06 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes, a través da concellería de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible que dirixe o edil José Luis Gómez Candal, convoca un concurso de debuxo dirixido aos máis pequenos do municipio, o I Concurso de Debuxo Infantil “Non tires os chicles nin os papeis ao chan”.

O certame está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Os participantes deberán presentar un debuxo relacionado coa temática “imaxina o teu pobo sen lixo nin contaminación”, admitíndose tan só un debuxo por participante.

O prazo de entrega dos debuxos permanecerá aberto ata o vindeiro 28 de outubro e deberanse entregar no departamento de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible, situado no primeiro andar da Casa do Concello en horario de luns a venres de 8 a 15 horas. Haberá un premio sorpresa para o mellor debuxo de cada unha das idades participantes. Os gañadores daranse a coñecer o vindeiro 4 de novembro.

En canto á presentación dos traballos os participantes deberán realizar o debuxo nunha cartulina tamaño A4 e a técnica usada será libre. No reverso da cartulina deberán figurar o nome e apelidos, idade, enderezo e teléfono de contacto.

Dende o Concello animan a todos os nenos e nenas do municipio a que participen neste certame que esperan poida servir ademais para concienciar aos máis pequenos sobre a importancia de ter un municipio limpo.

Concurso coas escolas unitarias

Paralelamente tamén se realizará este mesmo concurso nas escolas unitarias do municipio, outorgándose tres premios aos tres mellores traballos de cada unha das unitarias. 

Sociedade