ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Subiránse ao escenario do Teatro Jofre o proximo domingo 2 de maio. O grupo de teatro A Pombiña de Narón son os gañadores, polo favor do público, do ciclo "Domingos a escena" deste ano. Representar a obra “ Nin Dios entende aos homes” no Jofre é parte do premio, ademais de 1100 euros en metálico.
Colléunos de sorpresa porque foron 25 compañías de teatro afeccionado as que participaron na mostra que organiza o concello de Ferrol, por iso están moi orgullosos de ter acadado o recoñecemento do público, segundo declarou en radio Fene a autora da peza, Beti Couce.
Con humildade acolleu tamén a boa nova o director do grupo A Pombiña, Javier Carrasco, quen declarou que o premio non significa que sexan os mellores de todolos grupos participantes, si ben o que mellor acolléu o público.
Este domingo 2 de maio, Dia da Nai, ás 7 da tarde representase a obra gañadora "Nin Dios entende aos homes" que o público pode ver gratuitamente, retirando antes unha invitación na billeteira do proprio teatro ferrolán.