Nin un paso atrás

Centos de mulleres e homes manifestanse en Ferrol
16 de Xaneiro, 2019 - 08:21 h. | Publicada por Radio Fene

Nin un paso atrás en igualdade e diversidade. Ese foi o lema pendurado do palco da música do Cantón de Molíns onde onte se deron cita centos de persoas "para defender os dereitos conquistados polas mulleres e que estes dereitos non sexan moeda de cambio entre os partidos políticos da dereita".

Mulleres pola igualdade. Ferrol, 15 de xaneiro de 2019.

A de onte foi unha das convocatorias máis numerosas de mulleres, dende o pasado 8 de marzo. Espazo Feminista encargouse da convocatoria que se repetiu en moitas cidades "para defender os dereitos das mulleres". "Os nosos dereitos non se negocian" afirmou Sari Alabau, encargada da lectura do manifesto no que se citou o "pacto de vergoña" no parlamento andaluz.

Este xoves dia 27 está convocada no Ateneo ferrolán unha asemblea para a constitución de Galegas 8M. A entidade organizará a convocatoria dunha manifestación en Lugo - o ano pasado tivo lugar en Vigo- o dia 3 de marzo e posteriormente a folga do 8 de marzo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora