Nin unha menos

Fene concentrouse contra o asasinato de María del Carmen Vázquez Cereijo
23 de Xullo, 2019 - 12:47 h. | Publicada por Radio Fene

A MMM convoca concentracións de repulsa en toda Galicia.

Baixo o lema “Nin unha menos” o concello de Fene convocou unha concentración ás portas do concello este mediodía (na imaxe) para amosar o rexeitamento á violencia machista e condear o segundo asasinato no que vai de ano en Galicia, o de María del Carmen Vázquez Cereijo de Vilalba.

Tamén a MMM (Marcha Mundial das Mulleres) convoca concentracións hoxe en todas as cidades e vilas galegas para chamar a atención sobre o novo crime machista de Vilalba. A concentración de Ferrol será ás oito da tarde na praza Amada García, diante do edificio da Xunta de Galicia.

Sociedade

Publica o teu comentario agora