Ninguén cede na Segunda Autonómica

Ninguén cede na Segunda Autonómica

09 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O grupo terceiro da Segunda Autonómica de fútbol gaña intensidade nas últimas pezas do baile. En partidos adiantados, os tres primeiros clasificados venceron nos seus respectivos compromisos. Ninguén cede e no “gol average” o Ortigueira e o Eume tamén están igualados, polo que de seguir así, o empate tería que resolverse pola diferencia de goles. O Perlío tamén venceu por 2 a 0 no seu choque co Capela.

Os dous goles de Ramón inclinaron o marcador do campo dos Pinares a favor do equipo local. A primeira parte do encontro foi bastante nivelado, pero no minuto 20 da segunda parte o Capela quedou cun home menos por expulsión. Os de Fernando Alvarez foronse entón arriba e viñeron os dous goles que sentenciaron o partido.

 

O Ortigueira venceu con autoridade (4-0) a un Numancia de Ares que saltou frio ao campo, pola morte do pai dun dos seus xogadores. Os de Washington Ferrer adiantáronse axiña no marcador e os goles comezaron a caer nun choque deportivo e entretido. Pedreira (2) Armada e Josiño foron os autores dos tantos.

 

Algo máis de apuros pasou o Eume Deportivo para vender ao Valdoviño (2-1) no campo da Gándara. Os de Pontedeume dominaron todo o partido, con moitas ocasións de gol sen materializar. Despois de adiantarse 2 a 0 con goles de Joaquin e Rogis, o Valdoviño acertou diante da portería contraria cun remate dun saque de esquina. O remate do partido chegou con certos momentos de nerviosismo para o Eume, que sentía o perigo do empate.

 

O Galicia de Mugardos B afiou as súas botas, e con 3 goles de Victor gañou sen paliativos ao San Sadurniño. Os mugardeses dominaron con claridade ao encontro e chegaron ao descanso 1-0. Na segunda parte incrementouse a conta goleadora no campo da Pedreira.

 

 

Deportes