No Día Mundial da Radio

No Día Mundial da Radio
13 de Febreiro, 2020 - 10:59 h. | Publicada por Radio Fene

É xoves 13 de febreiro, Día Mundial da Radio. 35 anos máis para a Radio Municipal neste 13 de febreiro.

ESCOITA O PODCAST:

É xoves 13 de febreiro, Día Mundial da Radio. Recén ven Radio Fene de cumplir 35 anos o pasado mes de setembro. É raro que falemos de nós mesmos pero hoxe tomámonos a licencia de decir tres cousas, que en Galicia somos a dia de hoxe 23 emisoras locais públicas que se foron adaptando ás novas tecnoloxías, aglutinándose a maioría baixo o nome de radiofusión.

Que o noso idioma é o galego e que a información local ao servizo da veciñanza segue a ser o noso cometido. Millerios de voces están gardadas no arquivo sonoro de Radio Fene ao servizo das persoas interesadas. En 35 anos pasaron polos micrófonos da radio municipal protagonistas de todas as cores e de todos os sectores sociais, sempre que tiveran algo que contar.

Pero ademáis a radio local, por ser tal, permite unha cercanía coa veciñanza que se traduce noutras misións non menos importantes; véxanse os obradoiros escolares, presentación de actos ou a investigación ao servizo da historia da comunidade.

Agora que Évole rescatou a Jesús Quintero do esquecemento, lembramos aquilo que dixo  "el loco de la colina" un dia sobre a Radio:

“...eu sempre añorei esa radio primeira con olor a pan tenro e a terra mollada. As grandes cadenas nacionais déronme o éxito, pero sempre había unha roulotte para escapar do agobio da gran cidade e botarse aos camiños para falar coa xente sinxela das cousas auténticas: a colleita, os fillos, o tempo, a vida, a morte...”

E decía Tolstoi:

“Se queres ser universal, fala da túa aldea”.

(Nas imaxes, Henrique Sanfiz con Fraga Iribarne na inauguración do pavillón A Xunqueira de San Valentín o 2-12- 1998 e foto de familia do Obradoiro de radio. Xan. 1994)

(No audio recollemos a voz do debuxante Forges diante da inauguración do monumento ao pallaso de Fene. 2-10-2001)

Cultura

Publica o teu comentario agora