No IES de Fene a lectura é unha gozada

No IES de Fene a lectura é unha gozada

08 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O IES de Fene- A Coruña- pon a andar neste mes de outubro os seus clubs de lectura, o do alumnado de 1º da ESO empezará o martes 14 e o de 2º da ESO, así como o dos pais e nais do alumnado, o martes día 21. Tanto uns como outro teñen un grande éxito de participación. 52 rapaces do primeiro ciclo da ESO (o 60% do alumnado) forman parte dos clubs de lectura, mentras que son 16 os pais e nais que conforman o de adultos, con persoas que teñe

Literatura fantástica, novela gráfica ou banda deseñada son os libros que se manexan entre os rapaces. A elección dos libros no club de adultos fáise a fín de curso con propostas e votación democrática dos seus membros. "Las tres bodas de Manolita" de Almudena Grandes ou "A viaxe de Gagarin" de Agustín Fernández Paz, están entre as obras seleccionadas para este curso.

Como ben afirmaba a profesora Loli Lago, a biblioteca ten que ser un centro de recursos, en diferentes soportes, ben organizado e dinámico. A biblioteca "O segrel do Penedo" do IES de Fene abofé que o é.

Sociedade