No Pote á sombra

No Pote á sombra
21 de Xullo, 2020 - 01:06 h. | Publicada por Radio Fene

O Pote de Maniños celebra asemblea xeral de socios e socias o domingo 2 de agosto. Case seguro que non celebrarán a romaría do Pote.

ESCOITA O PODCAST:

Pouco a pouco vaise recuperando da crise sanitaria unha das sociedades máis veteranas de Fene como é o Pote de Maniños. O domingo 2 de agosto ten convocada asemblea xeral de socios-as para facer balance económico, que xa nos adiantan é favorable; balance das consecuencias da Covi19 na actividade da sociedade e qué van facer diante da romaría do Pote que debera celebrarse o último domingo de agosto. O presidente do Pote, Javier Rodríguez, falounos da asemblea xeral e da necesidade de ampliar a xunta directiva. A asemblea está convocada o 2 de agosto ás 12 en primeira e 12.30 en segunda convocatoria.

Con Javier Rodríguez falamos das espectativas diante da celebración da romaría do Pote o último domingo de agosto. Tratarán o asunto na asemblea. Houbo que propoñia celebrar so as merendas pero todo fai pensar que non haberá celebración algunha porque é dificil de controlar a distancia entre persoas.

O que si puxo en marcha o Pote mesmo acabou a alarma sanitaria foi o seu ambigú cuxa concesión querara aparcada no mes de marzo. Agora podemos disfrutar dunha das mellores terrazas ao ar libre de Fene, no parque do Pote, baixo a sombra das súas árbores autóctonas.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora