No segundo gol acabouse

Cultural Maniños 3- O Pote 0
09 de Decembro, 2019 - 11:46 h. | Publicada por Radio Fene

A segunda fase da Segunda Galicia de fútbol comezou este domingo e houbo derbi en Maniños. O resultado final foi de 3-0, ainda que ata o minuto 73 o marcador non se movera.

ESCOITA O PODCAST:
maninospote2019

A segunda fase da Segunda Galicia de fútbol comezou este domingo e houbo derbi. O Pote xogou co Cultural Maniños, dous equipos que se coñecen ben. O resultado final foi de 3-0, ainda que ata o minuto 73 o marcador reflexaba un 0-0.

Na primeira parte o Pote saiu moi replegado e intentando sair á contra. Ben colocados, fixeron gala dun desplegue físico moi bo. Quen di isto é o técnico do Cultural Maniños, Pablo Mesa. Transcurriu toda a primeira parte e o Maniños non daba superado as liñas, mesmo pasou algún apreto. O técnico do Pote, Manuel Freire, opina que aguantaron bastante ben a primeira metade do encontro, sen apuros. Os primeiros goles do Maniños chegaron con dous minutos de diferencia, o de Amado no minuto 73 e o de Javi González no 75. Co 2-0 cambiou a cousa.

Freire constata que chegaron moi xustos de xente, con 15 xogadores en condicións de xogar e so fixo un cambio. Co primeiro gol, bótalle a culpa a un despiste. Foronse arriba buscando o empate e, na contra, encaixaron o segundo. "Aí acabouse", declara Manuel Freire, quen está convencido de que o primeiro gol “matounos” e animicamente viñéronse abaixo. O adestrador do Pote cre que ao partido lle faltaron ou lle sobraron dez minutos porque chegaron moi xustos. Para Pablo Mesa este foi un encontro moi traballado, que lles custou moito sacar adiante. Sentencia que esta competición é moi esixente.

Na próxima xornada o Pote descansa. O positivo é que poderan recuperar xente nas vacacións de Nadal. O Cultural Maniños visita ao Neda, equipo invicto, un dos candidatos chamados a estar arriba. En palabras de Mesa, será un encontro "moi esixente".

Deportes

Publica o teu comentario agora