Noa retira o ERE

Noa desbota o ERE pero non aclara o futuro
09 de Xaneiro, 2019 - 12:47 h. | Publicada por Radio Fene

O comité de empresa de Noa madeira creativa mantense vixiante. A dirección non presentará o Expediente de Regulación de Emprego extintivo anunciado no pasado mes de outubro. Os despidos non van chegar ao 10 por cen do cadro de persoal que daquela se situaba nas 249 persoas. Pero de momento non renovaron os contratos de vintedous traballadores eventuais. Despediron xa a once fixos e queren aplicarlle a outros tantos o despido por causas económicas.

ESCOITA O PODCAST:
Persoal de Noa no salón de plenos do Concello de Fene. 31 de outubro de 2018

O comité e os traballadores permanecen vixiantes, segundo o presidente do órgano laboral Tomás Giralda. Quedarán douscentos e poucos empregados na firma do polígono de Vilar do Colo en Fene. Non se clarifica o futuro, segundo o sindicalista. O cadro de persoal de Noa mobilizouse a finais do pasado mes de outubro en contra do ERE extintivo anunciado pola empresa.

Noa adicase á decoración en madeira. O seu principal cliente é Inditex. No ano 2018 cambiou de propietarios, pasando a depender do grupo Malasa, ubicado no polígono industrial de Cerceda. O seu futuro non está clarificado pero de momento os traballadores lograron parar o ERE extintivo anunciado nun primeiro momento pola dirección.

Seguro que che interesa
Sociedade

Publica o teu comentario agora