ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Noel Blanco foi estudante no IES de Mugardos e na actualidade é profesor de literatura medieval na Universidade de Chicago nos Estados Unidos. Colaborou con Radio Fene na súa xuventude. De vacacións en Galicia, falou con Anxos Garcia Fonte sobre os estudos universitarios e en torno ao momento actual que se vive no mundo.
Noel Blanco recoméndanos a lectura de “Entre el mundo y yo”, o libro do xornalista estadounidense Ta-Nehisi Coates onde o autor reflexiona sobre a realidade que se vive actualmente nos Estados Unidos. Aborda temas universais como a discriminación, a desigualdade e o activismo necesario para combatelos. Para Toni Morrison, premio Nóbel de Literatura, é unha lectura obrigatoria sobre o que significa ser afroamericano en USA e a perda de dereitos civís deste segmento da poboación.
Publica o teu comentario agora