Noite de Dj´s en Fene

Noite de Dj´s en Fene

05 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Anxo, Falín, Chisco, Tayetas e Josy da Graver serán os protagonistas este sábado da noite de Dj´s  que organiza a Cervexaría Morriña na Praza do Concello de Fene. A sesión comezará ás oito do serán e incluirá todos os ingredientes precisos para pasar unha boa noite discotequeira:  música de calidade, show laser, video-music e unha pantalla xigante.

A Noite de Dj´s que se celebrará esta fin de semana en Fene contará con cinco recoñecidos “pinchas” da comarca. Cada un deles, co seu particular estilo, disporá dun tempo aproximado dunha hora para demostrar sobre o escenario o seu bo facer como disk jockey.

Un dos participantes, Dj Chisco, asegurou a Radiofusión que a do sábado “será unha festa moi variada e para todos os públicos, na que se poderan escoitar distintos tipos de música como house, techno, dance e disco, pero tamén moitos temas comerciais e latinos”.

Segundo Dj Chisco, un dos momentos máis destacados da velada chegará coa posta en marcha do show laser, o espectáculo de luces, que tanto agradece o público porque “resulta moi espectacular”. A maiores, os asistentes poderá desfutar da proxección, en pantalla xigante, dos videoclips relativos ás cancións que os Dj´s vaian pinchando.

A Noite de Dj´s de Fene é unha iniciativa da Cervexaría Morriña, ubicada na rúa do Concello de Fene. Dende a organización advirten de que, en caso de choiva, o evento podería pospoñerse.

Sociedade