Noite de monólogos en Narón

Noite de monólogos en Narón

18 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

No seu currículo figuran profesións tan variopintas como humorista, actor de dobraxe, guitarrista, locutor de radio, guionista e profesor, aínda que –como él mesmo sinala- “aprendiz de moito, mestre de nada”. Kike Loyola actúa esta noite (23.30h.) na cervexería Indalo de Narón.

A relación de Kike Loyola co mundo do humor ven de lonxe. Durante dez anos fixo programas de humor a través das ondas: tres anos en radio Oasis (emisora pirata), seis na Ser e dous en Radio Vitoria. Máis tarde escribiu e dirixiu unha obra de teatro, “Frontera 908”, formada por nove monólogos de humor, ata que un día decidiu interpretar os seus propios textos en directo e comezou a traballar na taberna “The Man in the Moon”. Curiosamente, a grabación dunha das actuacións neste bar o levou ao programa “El Club de la Comedia”, o que lle abriu as portas de innumerables actuación por toda a xeografía española, ademais de varias aparicións televisivas no programa “Mas Humor” da ETB 2.

Na súa terceira visita á comarca de Ferrolterra, Kike Loyola actuou onte en Ferrol (CBC) e hoxe repite función na cervexería Indalo de Narón.

Sociedade