ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Federico Pérez pecha este venres o ciclo de monólogos do Museo do Humor de Fene con “A Noite do Capador”. A función celebrase a partir das 20 horas e a entrada é gratuíta, previa recollida da invitación, o mesmo dia, na Casa da Cultura.
“A Noite do Capador” é o título do monólogo co que o actor Federico Pérez porá este venres o broche de ouro ó ciclo "Novembro, Mes do Humor" que promove a Concellería de Cultura. Será a partir das 20 horas con entrada de balde pero con necesaria retirada de convite – dúas por persoa-, o mesmo venres a partir das 18,30 horas na conserxería da Casa da Cultura. Ninguén pregunta por Fede, senón por Josito, porque media Galicia pensa que se chama así.
O éxito de Padre Casares, un dos proxectos televisivos cos que saltou á fama, situou a este lingüista de Mazaricos como unha das caras imprescindibles do audiovisual en Galicia. Traballara antes en Libro de Familia, O show dos Tonechos, Mareas Vivas ou Air Galicia, ademais de en filmes como 18 comidas, Retornos ou Mar Adentro. Sobre as táboas participou en O Florido Pensil e Presidente, e co monólogo Ración de Breogán fixo rir a media Galicia en decenas de teatros e auditorios. Acompañou a Touriñán no espectáculo Curtis e Teixeiro, e con Marcos Pereiro interpreta a un dos membros do dúo cómico - musical Os Tristes.
Agora volve ao humor en directo con “A Noite do Capador”. A función, organizada polo Concello, conta coa colaboración da Deputación a través da Rede Cultural.
Publica o teu comentario agora