Noite violeta

Despois dun verán negro para as mulleres, chega un outono tinguido de violeta.
20 de Setembro, 2019 - 01:59 h. | Publicada por Radio Fene

As organizacións feministas convocan a concentración no Cantón de Molins ás 21h. O lema “Emerxencia feminista” para lembrar que este verán está a ser un dos peores da historia en canto a asasinatos machistas. As concentracións repítense en centos de cidades e vilas de toda España. Con luces cor malva significarase esta protesta que o concello de Fene apoia encendendo esta noite a fachada do concello desa cor.

O Concello de Fene  adhírese á campaña “20S Emerxencia Feminista” que alerta dun incremento da violencia machista. A noite do 20 de setembro iluminarase de violeta e a corporación participará nunha concentración para concienciar sobre este problema. “20S Emerxencia Feminista” será unha mobilización para alertar do incremento da violencia de xénero logo dun verán negro e un mes de xullo no que cada dous días foi asasinada unha muller en algún lugar de España.

O pleno municipal aprobou por unanimidade a adhesión a esta campaña, apoiando así unha moción presentada polo PSOE. Deste xeito, o Concello de Fene participará nunha concentración como mostra do seu compromiso na loita contra a violencia machista e iluminarase de violeta a noite do 20 de setembro con este mesmo fin. Haberá tamén un pronunciamento público da corporación municipal contra toda forma de violencia contra as mulleres.

En Galicia, esta campaña está sendo promovida por organizacións como a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia, a Rede Galega pola Igualdade, o Foro Feminista Maruxa Mallo, a Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galegas e outros colectivos como a MMM.

Sociedade

Publica o teu comentario agora