Non á violencia machista

Non á violencia machista
24 de Novembro, 2023 - 11:38 h. | Publicada por Radio Fene

Mulleres de Fene protagonizan unha das iniciativas do Concello con motivo do 25N. A Concellería de Igualdade tamén leva a cabo a campaña “Se tes medo é un maltrato” en colaboración cos establecementos de hostalaría, segundo informou a Radio Fene a concelleira Sandra Permui.

ESCOITA O PODCAST:

“Mulleres bravas e valentes que sempre están dando a cara” son as protagonistas do vídeo que o Concello de Fene difundirá mañá, sábado, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. “O martes compartimos con elas unha tarde marabillosa”, sinalou a concelleira. Sandra Permui agradeceu tamén a “colaboración absoluta” dos hostaleiros de Fene na campaña “Se tes medo é un maltrato”. Con ese lema e o teléfono 016, o número de atención ás vítimas de violencia machista, instaláronse uns vinilos nos baños de mulleres dos locais de hostalaría e tamén nos das sociedades para animar a denunciar a calquera muller que poida ser vítima de maltrato, aproveitando o momento de intimidade cando está soa no baño.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora