Non aguanto das cervicais

Non aguanto das cervicais
07 de Maio, 2020 - 01:13 h. | Publicada por Radio Fene

As queixas máis comúns que están recibindo as quiromasaxistas son as dores de cervicais, producto da inmovilidade do confinamento. Achegámonos ao Centro Terapéutico Belén Rodríguez de Fene.

ESCOITA O PODCAST:

O quiromasaxe é un recurso ao que moitas persoas van ter que botar man despois deste longo confinamento que nos tivo estancados físicamente falando. A quiromasaxista, Belén Rodríguez, confírmanos que desde o luns cando abriu as portas, o 90% das persoas que piden cita quéixanse das costas e maiormente das cervicais. O Centro Terapéutico Belén Rodríguez está na rúa Tras do Cádavo en Fene. Tivo que pechar a causa do Covid19 pero desde o luns pasado abriu, con cita previa, e con máis medidas de hixiene se cabe que antes. Entre persoa e persoa desinfecta todos os elementos do lugar de traballo e extrema as medidas de seguridade. O que se encontrou tras a reapertura foi con xente que se queixa das cervicais e en xeral das costas. Explícanos que é o resultado lóxico de estar todo o día tirados no sofá e da falla de movemento. Agora ben, tamén hai xente que fixo exercicio nos corredores ou nas máquinas e acabou tocada dos xeonllos.

“É que o baixón foi de 100 a 0” explica Belén. Para a xente maior, que xa ten problemas lóxicos de movilidade, a quiromasaxista recoméndalles camiñar e facer exercicios cos brazos porque o máis urxente é recuperar a masa muscular perdida nestes máis de corenta días. No tempo de confinamento tivo que atender unha urxencia, a un paciente que quedou preso xusto ao inicio da alarma sanitaria. Necesitou tres sesións, con anécdota de tráfico incluída, para melloralo. No Centro Terapéutico Belén Rodríguez, teñen un oco as tatuaxes de Javi Pita quen traballa tamén con cita previa e atendendo un paciente por día nestas circunstancias especiais. Este servizo leva dous anos no centro e o balance é moi positivo, afirma Rodríguez, quen pasou o confinamento ocupadísima, axudando polas mañás aos seus fillos cos deberes e adicando as tardes ás manualidades, aos xogos e á repostería.

Sociedade

Publica o teu comentario agora