Non baixan o nivel do grupo

Non baixan o nivel do grupo
14 de Xaneiro, 2019 - 11:55 h. | Publicada por Radio Fene

Os xogadores xuvenís non baixan o nivel do grupo. Todas as semanas van catro ou cinco rapaces e de feito dos 23 xogadores do equipo, só quedan 2 sen ir co conxunto da Segunda Galicia. “É unha experiencia boa, aínda que o conxunto amosa certo cansazo nos minutos finais dos partidos, porque algúns xa foron co xuvenil e participan en dous encontros nun único fin de semana” indica o adestrador do Maniños B Manel Freire.

 

ESCOITA O PODCAST:
Geoffrey, Xabi, Barreiro e Borja, dianteiros do Maniños B

Este domingo o Maniños B visitou ao Mandiá. “A primeira parte foi igualada, fomos 1-0 ao descanso e logramos empatar. Tivemos catro ou cinco opcións boas e puidemos poñernos por diante, pero eles matáronnos á contra” precisa Freire quen cualifica ao Mandiá como xustos vencedores.

Deportes

Publica o teu comentario agora