Non deas as costas á violencia de xénero!

Non deas as costas á violencia de xénero!

22 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O Concello de Allariz, a través da área de Benestar Social, desenvolverá durante esta semana as Xornadas contra a Violencia de Xénero. O Fogar do Maior acollerá, entre hoxe e ata o vindeiro domingo, a programación adicada a sensibilizar á poboación na erradicación da violencia contra as mulleres a través de obradoiros, charlas, unha exposición e un videoforum.

As xornadas arrincan hoxe con obradoiros de autodefensa feminista, que terán continuidade mañá martes. Ademais programouse, para o xoves 25, unha charla-coloquio “Non des as costas á violencia de xénero!! e unha ponencia sobre saúde e violencia de xénero. O venres organízase un videoforum da película Chocolat.

O xoves 25, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller procederase, na Praza Maior, á lectura dun manifesto en contra da violencia machista, ademais da colocación da pancarta no balcón da Casa do Concello.

Desde o pasado día 15 ata o día 26 de novembro o Fogar do Maior acolle tamén a exposición “Mulleres Galegas na Historia”, enmarcada dentro das Xornadas. Unha exposición cedida polo Concello de Redondela en colaboración coa Fundación Vicente Risco.

Sociedade