Non dou crédito ao que está pasando

Non dou crédito ao que está pasando
26 de Marzo, 2020 - 12:08 h. | Publicada por Radio Fene

Ninguén pode afacerse nunca á morte pero a situación pola que pasamos asombra tamén a quen traballa neste oficio que rodea os tanatorios. Félix Soto é o xerente do de Vilar do Colo en Fene.

ESCOITA O PODCAST:
Tanatorio de Vilar do Colo

“Ninguén neste momento dá crédito ao que está pasando”. Quen o dí é unha persoa familiarizada coa morte. Falamos co xerente dos Servizos Funerarios de Vilar do Colo, Félix Soto. Na área sanitaria de Ferrol levamos catro persoas falecidas por coronavirus, ningunha do concello de Fene, polo tanto o tanatorio de Vilar do Colo aínda non experimentou directamente a morte provocada polo  coronavirus. Cóntanos que en zonas como Madrid estanse dando traslados de corpos por saturación dos locais e mesmo se envía personal funerario dunhas empresas a outras.

Hoxe mesmo chegaron novas normas a seguir por parte dos servizos funerarios ante a situación de alarma. Féliz Soto resúmeas para nós:

. A presencia nos velorios redúcese a 8 persoas.

. Os cortexos fúnebres ao cemiterio non poden sobrepasar as 20.

. De momento pódese elexir entre cremación ou inhumación.

A Félix Soto chámalle a atención a comprensión que os familiares das persoas falecidas teñen ante esta situación especial. “Nós mesmos non podemos axudar como quixéramos” engade Soto.

Medidas de seguridade.

Nun tanatorio xa aplicábamos medidas de hixiene entre o persoal que está en contacto cos corpos. A diferencia é que agora hai que extremalas, adoptalas dun xeito máis  escrupuloso e frecuente, e estar en alerta contínua na manipulación dos cadáveres. A gran diferencia é que agora esas medidas extendéronse a todo opersonal, afirma o xerente do tanatorio fenés. Tamén se intensifica a desinfección das salas e, a partir de hoxe, os acompañantes deben utilizar xel hidroalcohólico na entrada do recinto e manter unha distancia entre eles de dous metros. Tampouco se poden utilizar os servizos de cafetería.

Sociedade

Publica o teu comentario agora