Non gañar sería moi malo para o Racing de Ferrol

Non gañar sería moi malo para o Racing de Ferrol

06 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Non gañar este domingo sería moi malo, segundo o capitán do Racing de Ferrol Jonathan Martín. Visita A Malata o lider da Segunda B de fútbol o Real Unión de Irún. Os ferroláns deben repoñerse da dolorosa derrota sofrida a pasada semana na casa diante do Cidade de Santiago.

Chega este domingo un rival de moita esixencia, segundo explicou este mediodia Jonathan Martín.

O equipo vasco lidera a clasificación sacándolle 7 puntos de ventaxa ao segundo clasificado. Son os mellores da categoría e poden gañar os partidos de moitas maneiras. Teñen alternativas, segundo o adestrador do Racing de Ferrol Michel Alonso.

Deportes