Non hai día máis triste

Non hai día máis triste
22 de Xaneiro, 2024 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Hai quen di que o 15 de xaneiro foi o día máis triste do ano. O Blue Monday. Unha etiqueta que lle puxo un profesor universitario ao terceiro luns de xaneiro que, segundo os seus cálculos, logo do Nadal e cadrando nunha época do ano de mal tempo e pouca luz, é o día máis triste do ano. Desmitificou ese nomeamento en Radio Fene o psicólogo José Barcia. 

ESCOITA O PODCAST:

Non hai un día máis triste do ano. “Non ten nada que ver coa psicoloxía”. A creación do Blue Monday “so quería chamar a atención, tiña un obxectivo comercial”, como se encargou de aclarar o propio creador. E non hai ningún motivo para que todos compartamos tristeza nun mesmo día. “A tristeza, é unha experiencia subxectiva, o mesmo día pode ser triste para uns ou extraordinario para outras persoas”. En todo caso, como todas as emocións, a tristeza ten importancia na nosa vida. “Cumpre unha función adaptativa, axuda a entender o que nos pasa” nun determinado momento, cando sufrimos unha perda. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora