Non hai máis motivación que a do Perlío

San Mateo 0- Perlío 2
25 de Marzo, 2019 - 11:48 h. | Publicada por Radio Fene

Victoria rotunda do Perlío na visita ao San Mateo. O próximo choque será un oso duro de roer para os do Perlío. O Cebarca gañoulles na ida.

ESCOITA O PODCAST:

Dous minutos levoulle a Isma marcar o primeiro tanto. No minuto 13 o mesmo Isma marcou o segundo e definitivo. “A partir daí acabouse o partido. Deixámonos ir” afirma o técnico Chechu Piñeiro, quen non gosta do relaxamento do seu equipo que na segunda parte apenas chegou á portería contraria.

O mellor do encontro foi que non sofriron e os tres puntos conqueridos, recoñece Chechu Piñeiro nos micrófonos de Radio Fene. O Perlío continúa primeiro e poden ser os campións pero non poden permitirse erros nin debilidade.

O próximo choque será cun equipo, o Cebarca, que se lles atraganta pero tamén é certo, afirma Piñeiro, que “non hai máis motivación que a nosa. Conquerir o liderato e a Liga”

Deportes

Publica o teu comentario agora