Non hai San Xurxo este ano

Non hai San Xurxo este ano
23 de Marzo, 2020 - 01:47 h. | Publicada por Radio Fene

Magalofes suspende as festas patronais de San Xurxo que ían celebrarse o 18 e 19 de abril. Xa llo anunciaron ás orquestras contratadas.

ESCOITA O PODCAST:

A parroquia fenesa de Magalofes non poderá disfrutar das festas que tiñan programado para o 18 e 19 de abril. Aínda que con sorte se levante o estado de alarma cando está previsto, so quedaría unha semana para pedir os cartos polas casas e non da tempo. A asociación veciñal xa tivo que suspender a cea a beneficio do San Xurxo prevista para o 28 de marzo. Aínda que xa empezaran a visitar os domicilios para recadar os cartos necesarios, coa pandemia houbo que parar. Declaraba esta mañá o presidente, Manuel Pico que, aínda levantandose o estado de alarma o dia 12 de abril, quizán aínda non se podan facer concentracións de xente durante un tempo. O que deberán decidir é se aprazan as festas para máis tarde ou as suspenden definitivamente.

Magalofes é unha parroquia máis silenciosa que o resto nesta situación de confinamento porque non hai nen un só establecemento aberto. Aparte dos restaurantes, todos pechados, non hai farmacia nen forno, nen supermercado. Os veciños e veciñas desta parroquia  fenesa deben desprazarse para facer víveres ao centro de Fene ou ao polígono de Vilar do Colo.

(Na imaxe, o local veciñal de Magalofes)

Sociedade

Publica o teu comentario agora