Non houbo corremento de carga, afirman os mariñeiros do Hermanos Landrove

Non houbo corremento de carga, afirman os mariñeiros do Hermanos Landrove

10 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Non houbo corremento de carga, manifestou esta mañá un dos mariñeiros do buque Hermanos Landrove na súa declaración na Capitanía Marítima de Ferrol. Vicente Orjales atopábase na ponte do barco cando comezou a escorar. Afirmou diante da comisión investigadora do accidente que non houbo problemas de carga, xa que o buque non levaba peso ao ir ainda en dirección ao caladeiro. Orjales avisou aos seus restantes compañei

Os 6 mariñeiros do Hermanos Landrove prestaron declaración esta mañá, dun en un diante da comisión. A inundación polo fallo dunha válvula ou unha excesiva arboladura son outras hipoteses da causa do accidente do barco que provocou a morte do patrón e armador Andrés Landrove. O naufraxio acaeceu na madrugada do martes a unhas 15 millas de Cedeira. O buque permanece amarrado no porto de Ferrol e mañá comezará a maniobra do seu reflote.

Sociedade