Non pasou apuros

Perlío 3- Rápido de Neda 1.
10 de Febreiro, 2020 - 10:28 h. | Publicada por Radio Fene

Dous goles de Isma e un de Dani Varela subiron ao marcador.

ESCOITA O PODCAST:

Perlío 3- Rápido de Neda 1. Merecida victoria do Perlío a pesar de que abríu o marcador o Neda. Adiantouse o Neda pero pronto conseguiu o empate Isma e xa o Perlío se fixo co control e cun segundo gol de Isma. O Neda tivo ocasión de poñer o marcador en empate de novo pero fallou un penalti. Pola contra o equipo de Chechu Piñeiro non fallou o seu que transformou Dani Varela. Piñeiro califica a actuación do equipo dos Pinares como "seria" contra un rival que é terceiro na clasificación. “Non pasamos apuros” afirma o técnico. (na imaxe, Aaron, Pocho, Xabi, Iago e Dani Varela).

No próximo choque, o Perlío visita o campo do Narahío.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora