Non pican, nin moito nin pouco

Non pican, nin moito nin pouco
05 de Agosto, 2019 - 08:51 h. | Publicada por Radio Fene

A cooperativa do Val espera comercializar este ano 10.000 bolsas de Pemento do Couto, Indicación Xeográfica Protexida desde 2009. Nos viveiros da zona cultiváronse máis de 20.000 plantas, nesta tempada. Viron que canto máis tarde se planta, menos enferma.

Pementos do Couto

A campaña oficial de venda arrincou na última semana de xuño e este ano foi máis lenta debido ás condicións meteorolóxicas. Este ano o produto é moi bo, dunha calidade espectacular, aínda que con menos produción que outros anos. Os pementos protexidos por esta Indicación Xeográfica son os froitos da especie nomeada cientificamente como Capsicum annuun, L. recollidos en Ferrolterra. Pesan entre 4 e os 6 gramos.Se os pementos de Padrón, uns pican e outros non, os do Couto, non pican nin moito, nin pouco.

Sociedade

Publica o teu comentario agora