Non pintaban a mona

O Laboratorio de Arte Laudas Calamity pinta un mural de 24 metros na rúa Lameiro de Fene
10 de Decembro, 2018 - 11:53 h. | Publicada por Radio Fene

Obras de Arte de moita sona, de Goya, Zurbarán ou Rubens, reprodúcense na rúa fenesa coa intención de contrarrestar a censura dos últimos tempos. No trasfondo están tamén a muller e a liberdade.

ESCOITA O PODCAST:

A xente do Laboratorio de Criación Artística Laudas Calamity realizopu un mural artístico na parede situada entre a rúa Lameiro e a Avenida das Pías. Unha nova acción de Arte na rúa en Fene. A artista e Licenciada en Belas Artes, Laura Bouza, explícanos que se trata dun mural para denunciar a censura, a ferramenta máis sinxela que usan os inimigos da liberdade cando saben que non teñen a razón. É unha arma que paraliza. Ese é o lema da obra.

O mural, pintado en dúas xornadas por seis persoas, ten 24 metros de lonxitude por 4,50 metros de alto. Representa os fusilamentos do 3 de maio de Goya, o David de Miguel Angel, as tres gracias de Rubens, o Cristo "trans" de Zurbarán, así como unha alusión ás industrias cárnicas "Al Pozo".

Laura Bouza defende a Arte urbana con sentido crítico, como neste caso. Define o mural como unha especie de acertixo, un reto para os viandantes que se paren a velo.

Cultura

Publica o teu comentario agora