Non quixen buscar culpabeis

Non quixen buscar culpabeis
20 de Febreiro, 2020 - 10:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Non quixen buscar culpabeis” afirma Nazaré López, autora da novela “Formigas nos pés”. As dúas persoas protagonistas da novela case non teñen nome, “para intentar universalizar as situacións”. A escritora ten moita experiencia na escrita de textos para o teatro pero é a súa primeira incursión na novela: “A miña pulsión sempre foi escribir unha novela”.

 

ESCOITA O PODCAST:
Nazaré Löpez, autora de Formigas nos pés

 "Formigas nos pés " é unha novela que relata o proceso de reconstrución persoal. A historia dunha muller que tivo que aprender a dicir adeus. Desapareceron as cores das paredes, os aromas da cociña, as rutinas cómodas, a palabra amable. No clube de lectura de Radio Fene Radiofusión falamos hoxe deste libro. A obra aborda o dó dunha muller que fica soa aos 50 anos e que debe reinventarse desde ese punto de devastación interna, a historia de alguén que inicia un arduo proceso para reconstruírse e para aprender a camiñar sen aqueles brazos que a sostiñan e que ela cría eternos.

Cultura

Publica o teu comentario agora