Non se pode estar cos faciosos

Carvalho Calero na guerra.
04 de Decembro, 2020 - 08:14 h. | Publicada por Radio Fene

O alzamento do 18 de xullo colleu a Ricardo Carvalho Calero en Madrid. Pasará a guerra entre Valencia e Andalucía, nun batallón formado con adiliados á UGT. "Estou coa República...pois non se pode estar cos faciosos" escribiría na súa novela Scorpio.

ESCOITA O PODCAST:

O 18 de xullo de 1936 colleu a Carvalho Calero en Madrid. O  profesor ferrolán encontrábase desde finais de xuño na capital do Estado realizando os exercicios eliminatorios previos ás oposicións ao profesorado de educación secundaria ás que decidira presentarse. Os primeiros dias do alzamento militar non sabía que facer pero, unha vez que se reorganiza o exército republicano, Carvalo Calero ingresa nun batallón relacionado coa FETE UGT,  sindicato ao que el estaba afiliado.

O seu destino é a defensa de Madrid no sur da cidade onde pasa momentos de moito perigo, tanto que resulta ferido nos ollos, unha secuela que lle quedou para toda a vida, en palabras de Martinho Montero. Carvalho pon na voz dun dos personaxes da súa novela Scorpio o que pensaba o 18 de xullo. “ Estou coa República, aínda coas súas impurezas, pois non se pode estar cos fasciosos”.En palabras do seu biógrafo, Martinho Montero, “ Carvalho sempre foi un convencido de que a legalidade estaba na República.

Destínano a Valencia, a unha escola de formación de mandos militares de onde saían co título provisional  de” Tenente en campaña”. Como o goberno da República estivo un tempo en Valencia, Carvalho e Castelao mantiveron contacto. Castelao propúxoo para que o acompañara como asesor xurídico á Arxentina cando o nomearon Legado plenipotenciario da República, pero iso non chegou a plasmarse.

Don Ricardo estivo tamén en Andalucía, nas provincias de Granada, Almería e Jaén nunha misión de inspección pois na zona non había conflicto directo. De feito ten un poemario adicado  aquela zona, segundo relata Montero. Cando remata a guerra Carvalho é detido e sometido a consello de guerra. No transcurso do mesmo chegaron informes de que era militante do P.G. e é condeado a 12 anos de prisión. Deixamos a Carvalho Calero encerrado nun convento de monxas na provincia de Jaén, de onde sairá dous anos despois en liberdade condicional.

Cultura

Publica o teu comentario agora