Non se pode tocar a gaita con máscara

Non se pode tocar a gaita con máscara
19 de Xuño, 2020 - 11:38 h. | Publicada por Radio Fene

A Escola de Música BellónMaceiras vai recuperandose paseniñamente con clases reducidas no verán, clases telemáticas e agardando volver á normalidade en setembro. Bellón e Maceiras traballan en proxectos musicais que iremos coñecendo daquí a decembro.

ESCOITA O PODCAST:

Non se pode cantar con mascara, nen tocar a gaita coa máscara na boca. Todo está en contra do funcionamento normal dunha escola de música tan activa como é a Escola de música BellónMaceiras de Perlío- Fene. Cumprido o confinamento e o peche da academia, Dani Bellón cóntanos cómo se pode volver á normalidade na escola cuxa dirección comparte con Diego Maceiras. “É complicado porque o noso día a día son, aínda que reducidas, clases colectivas. Non sabemos como recuperar a normalidade”. Durante o estado de alarma, fixemos clases online con algúns alumnos, pero non todos teñen as habilidades ou os medios para facelo así, afirma Bellón. “Ademais outros alumnos pararon porque para eles o aspecto social da nosa escola, formando bandas e tocando xuntos é a súa principal motivación”.

Recuperándose

A escola BellónMaceiras vai recuperando paseniñamente a súa actividade pero a prudencia fai que cancelasen a festa de fín de curso que facían nestas datas e que era unha gran festa colectiva. Agarda Bellón recuperar a normalidade en setembro. De momento  van continuar traballando no verán “con reducidas clases de emerxencia, con aqueles alumnos e alumnas que poden tocar con mascara” como son os de guitarra, acordeón  ou a batería. A escola de música BellónMaceiras xa leva seis anos impartindo clases telemáticas, primeiro foi á xente de lonxe (Chile ou EEUU) e xente que prefería traballar na casa. Agora ampliouse esa modalidade con persoas xubiladas ou pequenos de sete anos.

Proxectos musicais: colaboración nun disco, disco propio e libro de partituras.

Xa centrados no dúo musical BellónMaceiras, e despois de ter que cancelar algunha actuación pola crise do Covid19, pensan xa no proxecto cunha marca galega que mantén en segredo, que se pospuxo de maio ata xullo. Preparan outro proxecto musical con Mamá Cabra (Diego Maceiras toca ás veces con eles) “O son das bubinas” para os máis pequeniños. “Na cuarentena fumos gravando temas do novo disco do dúo, do que iremos facendo un pequeno adianto” engade Dani Bellón, para sumar aínda o libro de partituras con composicións dos seus tres primeiros discos  que pensan publicar no mes de decembro. “O libro está pensado para a  xente que estuda música”.

 

(Na imaxe, Dani e Diego nunha clase na súa escola de música en Fene)

Cultura

Publica o teu comentario agora