Non somos todos iguais

EU acude en solitario ás urnas o 26 de maio con Martínez de candidata á alcaldía.
02 de Maio, 2019 - 01:57 h. | Publicada por Radio Fene

A candidatura de EU renovouse nos primeiros postos cun xove de Sillobre, Bruno Aneiros, no segundo posto.

ESCOITA O PODCAST:

Houbo conversas, intentaron facer unha candidatura xuntos pero non chegaron a acordo. Agora, Podemos non se presenta en Fene, mentres que EU fáino en solitario. A candidata á alcaldía volverá a ser Maricarmen Martínez, seguida do mozo Bruno Aneiros no que ten postas moitas esperanzas a edil de Sillobre que o describe con admiración. Julia Pereiro da un chimpo na lista e colócase na terceira posición, seguida doutro rapaz, Antonio Ávila, empregado na farmacia de San valentín, e de Olaia Salorio, traballadora de Aspaneps.

A candidata á alcaldía de EU, Maricarmen Martínez, quere poñer fin a un mandato tan complicado no que, segundo as súas palabras, “as diferencias políticas leváronse ao terreo persoal” e o rancor campou entre a corporación municipal.  Martínez so pactaría claramente co BNG, en caso de ter que facelo, e nunca co PP. Gostaríalle á candidata de EU que a xente comprendera que “non somos todos iguais”. Adiantou que se deles depende, os Servizos Sociais municipais experimentarán un cambio. Andan a voltas co programa electoral.

Institucional

Publica o teu comentario agora