Non te queixes tanto

Non te queixes tanto
15 de Xullo, 2020 - 01:28 h. | Publicada por Radio Fene

Demasiadas queixas non nos fan a vida máis fácil. O escaso agradecemento tampouco. Hai que por remedio a tantas queixas como manifestamos cada día e sair do bucle.

ESCOITA O PODCAST:

As queixas forman parte da nosa conducta diaria. Non todas as persoas somos iguais pero queixarse de todo é algo moi extendido. É verdade que hai razóns para facelo pero tamén é verdade que non vale de nada entrar nese círculo vicioso que non vai solucionar nada, máis ben empeoralo, segundo o psicólogo José Barcia.

Barcia prantexanos o contrario. En vez de ver todo mal, pensar naquelas cousas que están ben e polas que deberamos estar agradecidos. Para rachar a queixa constante, Barcia ofrécenos unhas cantas ferramentas. Unha delas é facer unha especie de collage con fotos nosas en situacións agradables para comprobar que non todo está mal. Podemos colocalo en sitio destacado. Outras ferramentas poden ser a elaboración dunha lista con obxectivos pendentes de conseguir, obxectivos que nos fagan espacial ilusión. Unha terceira pode ser facer pola mañá un repaso do dia anterior, daquelas cuestións que saíron ben, que funcionaron… As queixas centraron esta mañá o programa Vilanova.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora