Normalidade na xornada das eleccións xerais en Galicia

Normalidade na xornada das eleccións xerais en Galicia

20 de Decembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela
Vintetres escanos no Congreso dos Deputados e doce no Senado elixen hoxe 2.705.846 galegos e galegas. Aspiran a eses postos un total de 421 persoas. Nas últimas eleccións celebradas no 2011 a abstención foi do 37,79% e todas as previsións indican que a participación medrará nesta xornada na que se pode exercer o dereito a voto en 2.483 locais electorais. Cando comecen a sair os resultados os dirixentes políticos mirarán cun ollo cara os resultados
A xornada transcurriu con normalidade toda a mañá nos colexios electorais de Galicia. A falla de bolígrafos para marcar nalgunha mesa ou a falla de luz nun colexio electoral da Coruña pola mañá, son as únicas incidencias segundo o delegado do Goberno en Galicia Santiago Villanueva. 
Sociedade