Normas de conducta e boa educación plasmadas nun libro

Normas de conducta e boa educación plasmadas nun libro

16 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Etiqueta para todos e todas- Manual de regulares maneiras pero de bastante educación para a cidadanía”.  Ese é o título da obra de Irene Pintos, un libro lixeiro de  ler pero con normas de peso para a boa educación na sociedade. A base para esa boa educación está no respecto e é necesario facer un recordatorio deses pilares e iso é o que atoparemos nesta obra.

Normas de conducta, que en xeral, xa coñecemos pero que ás veces esquecemos son os principais eixos deste libro. Hai moitas situacións que nos fan perder os papeis como as infraccións cando imos ao volante ou mesmo o fútbol. Pero ante todo ten que haber un respeto, base da educación.

Na adquisición das boas maneiras teñen un papel fundamental as persoas maiores. Delas aprendimos todo e moitas veces, semella que non existen na nosa sociedade ou nos medios de comunicación, tal e como afirmou Irene Pintos. Ademais unha boa educación debe partir da familia, non serve só con ser educados cos de fóra.

Cultura