A nosa música moveu corazóns no confinamento

Susana Seivane edita o disco "Dende o meu balcón"
19 de Outubro, 2020 - 12:26 h. | Publicada por Radio Fene

A música cura e a música tradicional galega removéu moitos corazóns durante o confinamento, afirma Susana Seivane quen ven de editar o disco coas pezas que tocou durante os 55 dias no balcón.

ESCOITA O PODCAST:

Nunca tanto traballou Susanaa Seivane como durante o confinamento. “Economicamente nada, pero emocionalmente gañei moitísimo. Chegáronme historias bonitas e dramáticas” explica a artista, convencida de que a música cura e afortunada por poder axudar a moita xente. Precisamente do confinamento naceu “Dende o meu balcón” disco que recolle as pezas que interpretou cada un dos 55 dias de encerro ás oito da tarde. Este debera ter sido o seu primeiro disco porque son as pezas que ela tocaba aos 13 anos e que gravou nunha maqueta co desaparecido Santiago Caneiro. “Era o meu repertorio, co que empecei. É unha viaxe ao pasado, aos meus comezos”.

O disco contén 55 temas agrupados en 20 suits. Como o CD dispón de pouco máis de 70 minutos, Seivane fixo criba, eliminando aquelas pezas que xa ten publicado noutros discos. Gravárono na Coruña mesmo puideron saír á rúa, o seu guitarrista, o percusionista, a súa irmá e os nenos, que tamén colaboran, e ela mesma. “Dende o meu balcón” pode descargarse en todas as plataformas dixitais ou na páxina susanaseivane.net. Fisicamente atoparano no seu obradoiro. “Unha noite no Santo Cristo” ou “Alborada de San Benito” son xoias do noso patrimonio," afirma Susana Seivane, para remarcar que a música tradicional, a nosa, reuniu a xentes de todo o mundo neses dias de ciencia ficción que vivimos. “Aos galegos por suposto pero viralizouse nas redes sociais e removeu tamén os corazóns de xente que non é galega”.

Agora a artista está empezando a retomar o traballo co público pero os aforos son limitados. “Nun gran teatro poden entrar so 20 persoas mentres que o metro ou no avión poden ir cheos” por iso se apunta á campaña “A cultura é segura”. Parabéns a Susan Seivane polo novo disco e por resultar seleccionada entre os finalistas dos premios Martín Codax da Música. “Sempre é un honor e unha alegría para unha artista” agradece a gaiteira.

Cultura

Publica o teu comentario agora