Nova fachada

Iniciaronse as obras de remozamento da fachada do Cpi A Xunqueira
13 de Maio, 2019 - 09:56 h. | Publicada por Radio Fene

Segundo as estimacións, a fachada do colexio A Xunqueira estará lista antes do remate do curso.

Comezaron os traballos de mantemento e reparación da fachada do CPI A Xunqueira, en San Valentín. Unha intervención que conta cun orzamento de adxudicación de 37.340,30 euros a financiar con cargo ao remanente e un prazo estimado de execución dun mes. Os traballos contemplan a eliminación do material danado e a reconstrucción do recubrimento, limpeza e saneado da fachada.

Institucional

Publica o teu comentario agora