Nova manifestación contra a ampliación da AP-9

Nova manifestación contra a ampliación da AP-9

20 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A asociación de afectados pola Ampliación da Autoestrada de Chapela convoca esta tarde unha nova manifestación que partirá ás 20:00 horas da tarde dende o pavillón de deportes da parroquia e percorrerá a Avenida de Redondela ata o límite con Teis para unha vez alí regresar ao punto de partida. Unha protesta na que manifestarán o seu oposicionamento a calquer tipo de ampliación da AP-9.

Os veciños saían xa de xeito multitudinario á rúa o pasado sábado e teñen previsto repetir a marcha o vindeiro venres. Con este calendario de mobilizacións insisten en que o proxecto da Consellería de Política Territorial e o Ministerio hipotecará o futuro a parroquia e provocará numerosas afeccións nunha zona especialmente castigada polas infraestruturas.  

 

 

Os afectados argumentan que os catro metros que reserva o PERI de Chapela non permite ningún tipo de ampliación e desminten así as palabras do concelleiro de urbanismo Emilio González Iglesias quen afirmara que a ampliación proxectada pola Xunta só afectaría seis propiedades. Os veciños contestan que serán 200 as fincas e casas que recibirán o impacto directo da obra en caso de levarse a cabo.

Sociedade