Nova operación contra o furtivismo na ría de Ferrol

Nova operación contra o furtivismo na ría de Ferrol

29 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha nova operación contra o furtivismo desenvolveuse esta mañá na zona do Puntal en Neda. Un helicóptero e 3 vehículos da Garda Civil participaron na iniciativa, conxuntamente con axentes da Policia Nacional e da unidade de Policia adscrita á comunidade autónoma de Galicia.

Neste tipo de operativos, as forzas da orde levantan actas de infracción ás persoas que faenan en zonas pechadas ao marisqueo, ou sen a preceptiva autorización para desenvolver ese labor. Incautanse tamén de nasas, raspetas e traxes de neopreno. A ameixa e o choco incautado devólvese ao mar. A participación na operación dun helicoptero deulle máis espectacularidade á operación e xenerou expectación entre os veciños da zona.

Sociedade