Novas actuacións para controlar a poboación do xabaril

Novas actuacións para controlar a poboación do xabaril

23 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

A Xunta reforzará as medidas de control da poboación do xabaril a partir dun mapa de incidencias elaborado pola consellería Medio Rural. O control do cumprimento dos cupos de capturas, a autorización sen comprobación das accións de caza nos concellos máis afectados, o establecemento da “espera” como modalidade única de caza en períodos de cría das especies, a participación de cuadrillas de cazadores, a revisión d

Asemade, Medio Rural impulsará cambios lexislativos e fórmulas de corresponsabilidade a nivel estatal e autonómico para facer fronte aos danos causados polo xabaril, así como un cambio nos seguros agrarios para que se estableza unha liña específica de protección dos danos que causan as especies silvestres.

No estudo identifícanse un total de 24 concellos como obxectivo 1 no que ten especial incidencia este problema: 8 na Coruña, 10 en Lugo, e 6 na provincia de Ourense. Ademais establecese un calendario cinexético do xabaril que indica cando se permite a súa caza. A tempada hábil sitúase entre os meses de setembro e xaneiro, a caza por danos nos concellos obxectivo 1 e 2, con comunicación, e no resto de concellos, con autorización, permitirase entre os meses de xuño e febreiro. Na modalidade de espera con autorización, o período hábil abarca todo o ano e para a caza nos axexos doutras especies habilítanse os meses de abril e maio.

Sociedade