As novas cabriolas musicais de Óscar Fojo no Fnac de A Coruña

As novas cabriolas musicais de Óscar Fojo no Fnac de A Coruña

21 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O cantautor ferrolán Óscar Fojo, tras gañar o I certame de cantautores Xpressionk!, presentará o seu novo disco “Con la casa a cuestas” gravado nos estudos Mans da Coruña como premio por dito concurso. Fojo acompañado polo grupo “El Viejo Caracol” dará a coñecer este último traballo no Fnac de A Coruña este venres 25 de setembro ás sete e media da tarde. Durante hora e media o ferrolán cantará

O ferrolán Oscar Fojo Lamas é  cantautor e compositor dunha morea de cancións de distinta temática centrada no amor, no odio e en moitas máis disfuncións de caracter humano. Percusionista, baterista de diversas formacións de diferentes estilos(Morecegos, Charetas, Zinza, Amacuca, Retobato , Odio Extremo, Comando Muerte...) ao longo de tres lustros.

 Co cambio de milenio, considera a ben, maltratar a guitarra e gravar os primeiros temas do que sería La Patraña, proxecto persoal-musical que evoluciona paulatinamente dun punk máis grosero e visceral a un xeito  máis tranquilo de entonar os mesmos tipos de coplillas silvestres. No 2005 La Patraña  convertiríase en grupo funcionando arredor de dous anos.

Coa disolución da banda, chega a hora de ir mendigando, polas tabernas e demáis antros de Galiza, un pouquiño de orella aberta para facer unhas sesións en solitario, alternándoas con inesquecibles tardes de musiquiña e propina no arco da catedral compostelana.

A principios do 2008, con ganas xa de relación humanoidemusical fórmase El Viejo Caracol, actual grupúsculo satírico-melódico que suporá un empuxe para escribir novos temas e facer novas cabriolas polo mundiño adiante.

O concerto de óscar Fojo este venres ás sete e media do serán, no Fnac da Coruña. A entrada é gratuíta.

Sociedade